ConcellosÚltima hora

Cae un raio nun tren Alvia que pasa por Valdeorras

Non houbo que lamentar danos persoais, pero o suceso provocou un retraso dunha hora neste tren

Interior dun vagón do tren afectado polo fume./ Foto cedida.

Cunha hora de retraso chegaba á estación de ferrocarril da Rúa o Alvia que partía da Coruña ás 8h. deste domingo e que ten como destino Barcelona. Durante a tormenta desta mañá caía un raio sobre este tren mentres pasaba pola provincia de Lugo arredor das 10:15h, o que producía danos no mesmo e fume no interior dalgún vagón.

Como consecuencia disto o tren tivo que deter a súa marcha primeiro nun túnel, e logo no Sueiro, ata que chegou a Quiroga, onde se abriu o vagón para poder ventilalo, segundo contan testemuñas presenciais.

Isto ocasionou un retraso dunha hora no horario deste tren, sen embargo, ningunha das 204 persoas que viaxaban nel resultaban feridas.

Artigos relacionados

Back to top button