CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Café e creatividade valdeorresa para homenaxear a Antonio Fraguas

O artista valdeorrés Gerardo Rodríguez “Chere” e o seu fillo Pablo realizaban un orixinal cartel para lembrar a figura deste polígrafo ao que se lle adican as Letras Galegas no 2019

Os materiais seran sinxelos e un tanto orixinais para elaborar un cartel. Un mantel dunha mesa dun establecemento de hostalaría, dous cafés ben cargados e dúas culleiriñas. A partir de aí o artista valdeorrés Gerardo Rodríguez Ramos “Chere” e o seu fillo Pablo creaban sobre o papel, culleiriña a culleiriña, un fermoso deseño para homenaxear ao autor ao que neste 2019 se lle adican as Letras Galegas o 17 de maio: Antonio Fraguas.

E facíano ademais na apertura da V Xornada do Día das Letras Galegas, que reunía o 4 de maio no compostelán Pazo de San Roque a profesorado das catro provincias galegas arredor da figura Fraguas Fraguas.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close