OurenseÚltima hora

Café Quijano e M Clan encabezan a programación semestral do Auditorio de Ourense

Tamén haberá tributos a Queen e Mecano e musicais como “La Bella y la Bestia” e “Os tres porquiños”, entre outros
Manuel Freire, Belén Iglesias e Jesús Vázquez. // Foto: Carlos Asensio.

Comeza un novo ano e, con el, unha nova programación semestral para o Auditorio de Ourense. Un calendario marcado por dúas citas de categoría: O concerto de “M Clan. Delta Tour”, o 13 de xaneiro, e “do que xa están as entradas esgotadas”, dixo a concelleira de Cultura de Ourense, Belén Iglesias, na presentación de hoxe, 4 de xaneiro. E concerto de “Café Quijano. Tour 2018”, o 16 de febreiro.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, tamén salientou dous espectáculos, “como son o tributo a Mecano, con Hija de La Luna de Robin Torres -o 18 de febreiro- e o tributo a Queen con Doutor Queen -o 25 de marzo-“. A toda esta oferta engádese teatro infantil, musicais, comedia… Nese eido, Vázquez salientou “O tolleito de Inishmaan”, “Somos Criminais”, da man de Carlos Blanco e Xosé A.Touriñán…

Tamén salientan os musicais infantís, como son “Os tres porquiños”, de Educateatro Producións (o 7 de xaneiro); “La Bella y la Bestia”, que virá o 6 de maio; “Tadeo Jones, unha aventura musical”, que estará en Ourense o 13 de marzo; e “Peter Pan e Wendy” (o 4 de marzo).

Tanto Belén Iglesias como Jesús Vázquez sinalaron que o obxectivo é que tanto os ourensáns como a xente de fóra da provincia gocen dunha programación “de calidade e completa”.

Toda a información sobre a programación está dispoñible na web www.ourensecultura.com

Artigos relacionados

Back to top button