CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Café Teatro Bajo 5 e Sala Baranda únense na primeira colaboración de grupos e salas en Valdeorras

Os dous locais de hostalaría barquense organizan "Entre Salas", un evento no que participan as bandas viguesas Igloo e Eladio y los seres queridos

O grupo vigués Igloo.

 

A Sala Baranda (@SalaBaranda), a máis coñecida e mítica de Valdeorras e o Café Teatro Bajo 5 (@cafeteatrobajo5), que en pouco máis dun ano de vida leva xa 43 eventos musicais, veñen de formalizar unha interesante alianza, “a primeira colaboración de grupos musicais en Valdeorras”, puntalizan dende o café teatro.

Así, o vindeiro 8 de novembro dúas bandas viguesas de recoñecida traxectoria musical estreitarán lazos no Barco de Valdeorras. Ás 22:45h. en Cafe Tetro Bajo 5 actuará Igloo e ás 00:30h. na Sala Baranda actuará Eladio y los seres queridos. Baixo o nome de “Entre Salas”  a idea principal desta unión é “a colaboración entre os grupos e as salas, unindo ambos concertos, coa participación nos mesmos de ámbolos dous grupos”, explican dende a organización.

Deste xeito, Igloo tocará os seus propios temas e nalgún momento da actuación uniráselle Eladio y los seres queridos para tocar xuntos algúns temas, sucedendo o mesmo pero á inversa, no concerto de Eladio.

 

Eladio y los seres queridos tamén son de Vigo.

Artigos relacionados

Back to top button