EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A Cafetería Stop da Rúa, reabre con nova xerencia

Despois de meses pechada e tras unha profunda reforma, a mítica Cafetería Stop vén de reabrir as portas na rúa Argentina (esquina Progreso), con nova xerencia. Con Roberto Mondelo (natural de Lentellais, O Bolo) ao fronte, o local presenta unha imaxe completamente nova, con grandes espazos que emanan calidez e luminosidade. Está cheo de pequenos detalles, unha gran barra que vai dende a zona principal ata a posterior, así como unha zona máis reservada no fondo do local, converténdose no lugar idóneo para tomar unha copa, degustar unha tapa ou simplemente conversar.

A inauguración tiña lugar na noite do 30 de novembro e os asistentes puderon degustar  un exquisito xamón cortado polo profesional Javier del Río.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button