ConcellosÚltima horaVilamartín

Caídas na Volta a España Feminina ao seu paso por Vilamartín

 

Durante o desenvolvemento da Volta a España Feminina en Valdeorras producíanse caídas. Así, cando a carreira discorría pola vila de Vilamartín, o pelotón ía moi xunto e a caída dunha ciclista provocaba unha “montonera”, é dicir, numerosas caídas das participantes xusto en fronte do Hotel A Lastra, na estrada N-120, segundo testigos presenciais. Eran arredor das 11:30h.

 

 

A carreira parábase puntualmente uns segundos ese lugar e, de inmediato, acodían ata o punto do accidente os profesionais sanitarios e a Garda Civil de Tráfico. Unha das ciclistas era trasladada ao hospital en ambulancia para recibir atención sanitaria, as demais puideron continuar.

Foto e vídeos cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button