DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Calabagueiros despide a “ROI”

Na 4ª xornada de liga, o C.D. Barco rendía homenaxe ao membro dos UltraSil, falecido nun accidente de tráfico

Na medianoite do 30 ao 31 de agosto, un fatídico accidente de tráfico en Viloira acababa coa vida de Rodrigo Pérez Paradelo máis coñecido como “ROI”, un apaixoado do fútbol especialmente do seu club, o C.D. Barco, sendo membro da Peña UltraSil e asiduo ao campo de Calabagueiros.

Nese campo ao que acudía cada partido para animar ao seu equipo (tamén o facía nos desprazamentos), recibía na tarde do 13 de setembro unha emotiva homenaxe por parte dos seus amigos e compañeiros. Intres antes de que dera comezo o partido da 4ª xornada de liga que enfrontaba ao conxunto barquense co Arousa S.C. un grupo de afeccionadas, xunto co capitán do equipo, o concelleiro de Deportes do Barco e o presidente do club, entregáballe un ramo de flores ao tío do xove barquense, mantendo asemade un minuto de silencio na súa memoria.

E tralo acto, comezaba o partido de liga en terceira división no que o conxunto barquense non lograba marcar. Malia tentalo, especialmente na segunda metade, finalmente caía derrotado ante o Arosa por 0 goles a 2, perdendo o liderato que mantiña dende o comezo da tempada.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button