En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Calabagueiros vibra ao ritmo do CD Barco

Co 2-1 se saldaba o último derbi da tempada en terceira división ante o Barbadás

Un partido de gran rivalidade foi o celebrado na tarde do domingo 10 de abril no campo de Calabagueiros. Unha rivalidade que se notou no campo, no banquiño e sobre todo nas bancadas.

Dun lado do campo, a UD Barbadás chegaba a Valdeorras dende a zona baixa da clasificación en terceira división, coa necesidade dos tres puntos para afastarse dos postos de descenso. Do loutro lado, o CD Barco de Javi Rey pisaba o campo diante da súa aguerrida afección na procura dunha nova vitoria na loita polos postos de promoción. Diferentes obxectivos para os dous equipos ourensáns, no último derbi da tempada en Calabagueiros que finalmente deixaba os puntos en casa.

Tras unha primeira metade dominada polos visitantes que chegaban ao descanso co 0-1 no marcador, a afección barquense temían o peor, pero tralo paso dos xogadores polo vestiario, cambiaría o rumbo do encontro. O gol de cabeza de Rodri marcaba o punto de inflexión dunha segunda parte na que o CD Barco dominaba as xogadas e controlaba o balón. O Barbadás quedaba con 10 xogadores trala expulsión por vermella directa a un dos azuis e Mitogo sentenciaba o encontro co 2-1 final para o conxunto barquense.

Nas bancadas, presenciando o derbi ourensán, moita autoridade. Dende o alcalde e concelleiro de Deportes do Barco de Valdeorras, Alfredo García e Aurentino Alonso; o presidende dos árbitros e asesor deportivo da Deputación, Bernardino González; o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, José Manuel Fernández; o delegado provincial da Federación, Raúl Rois; ata o vicepresidente da Deputación e alcalde da Veiga, Juan Anta.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button