En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Calabagueiros volve vibrar coa vitoria do CD Barco

Os barquenses vencían 2-1 ao Alondras CF sumando tres puntos que saben a gloria

Dende a vitoria pola mínima no derbi ourensán ante a UD Barbadás, o C.D. Barco non volvera gañar, sumando dúas derrotas e un empate no último mes. Por iso vencer era xa unha necesidade. E así o facían diante do Alondras CF, nunha soleada tarde de domingo.

Malia contar con varias baixas por sanción e tamén lesión como as de Omar, Deivis ou Javi Recamán, os rapaces de Javi Rey saltaban ao terreo de xogo dispostos a sumar e, tras boa parte da primeira metade bastante parada, Borja adiantaba aos locais no minuto 34. Ese gol servía para espabilar aos do Alondras que empataban no minuto 49. Co 1-1 no marcador e tralo paso polo vestiario, o gol da vitoria para os valdeorreses facíase esperar ata o minuto 80, obra de Cristóbal.

Ao longo do encongtro, o colexiado Saúl López amosaba catro cartóns amarelos para os do Barco e cinco para os de Cangas.

Con este resultado o equipo sénior do Centro de Deportes Barco, sitúase no posto 13º de terceira división, empatado a 34 puntos co Negreira e a tres do Villalonga (9º).

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button