EconomíaEconomíaViticultura

Caldos rueses en Iberovinac

O salón extremeño abría as súas portas o 4 de novembro en Almendralejo
O alcalde rues, co outras autoridades no stand dos viños valdeorreses.
O alcalde rues, co outras autoridades no stand dos viños valdeorreses.

Unha ducia de adegas valdeorresas están a participar no 15º Salón do Viño e da Aceituna (Iberovinac) que se está a desenvolver dende o 4 de novembro en Almendralejo (Extremadura). A presenza nesta mostra encádrase na relación de irmanamento que existe dende hai anos entre o Concello da Rúa e o de Almendralejo.

Así no certame estanse a promocionar os caldos de Alán de Val, A Coroa, Joaquín Rebolledo, Melillas, a Cooperativa da Rúa, Adega da Pinguela, Viña Somoza, Viña Fornos, Galgueira, Aristegui, Fragamoura e Quinta da Peza.

O expositor das adegas ruesas en Iberovinac.
O expositor das adegas ruesas en Iberovinac.

O acto inaugural tiña lugar o día 4 e contaba coa presenza do rexidor rues, Avelino García Ferradal. A participación dos viños valdeorreses na cita permitirá, en opinión do Concello, dar a coñecer neste certame a singularidade dos viños da Denominación de Orixe Valdeorras. A entidade local quixo aproveitar esta oportunidade e ofrecerlla aos seus adegueiros a partir da experiencia obtida o ano pasado, cando varios importadores solicitaron información dos godellos e mencías valdeorreses no stand promocional que tiña o Concello da Rúa no salón extremeño. Esta 15º edición de Iberovinac concluirá o vindeiro 6 de novembro.

Artigos relacionados

Back to top button