En portadaÚltima hora

Calendario 2019 de O Sil, unha ferramenta práctica todo o ano

Nesta edición amosa os múltiples e valiosos recursos naturais, patrimoniais, etnográficos e deportivos da provincia de Ourense
Portada do Calendario O Sil 2019.

Un ano máis o Periódico O Sil asume o reto de editar o seu calendario de sobremesa que tan boa acollida está tendo dende a súa saída á rúa por primeira vez no 2001, procurando en cada edición melloralo e facelo o máis práctico e útil este calendario, así como máis atractivo. Por iso mimamos o seu deseño (do que se ocupa Eduardo Martín Pita) e tamén a selección das fotos que o ilustran (obra de Carlos G. Hervella) e mesmo das citas que acompañan cada imaxe (dúas por mes ás que hai que engadir ás da cuberta e contracuberta).

Como en cada edición, un dos obxectivo é amosar os múltiples e valiosos recursos naturais, patrimoniais, etnográficos e deportivos da provincia de Ourense e ademais dos días, o calendario inclúe información das lúas do mes correspondente e tamén teléfonos de contacto de intereses entre os que figuran os dos concellos da provincia de Ourense, polo que é unha ferramenta de utlilidade os 365 días do ano.

 

 

Malia á difícil situación económica actual, O Sil fai o esforzo de continuar editando este calendario como un agradecemento á fidelidade e ao apoio dos nosos subscritores, que o recibirán gratis co número de xaneiro que xa está na rúa. Eles constitúen un dos piares que fan posible que esta cabeceira continúe viva e poñendo cada mes na rúa unha nova edición dos periódicos en papel O Sil e de O Sil Deportivo, así como multitude de especiais e o periódico dixital Osil.info.

Aquelas persoas que non sexan subscritoras tamén terán a posibilidade de adquirilo nos quioscos e librerías por un prezo de 3 euros.

Non quedes sen el!!

Artigos relacionados

Back to top button