OurenseÚltima hora

Calidade e variedade no 1º Escaparate do Comercio Ourensán

O conselleiro de Economía e Industria presidiu a apertura desta cita, unha boa opción para gozar dun fin de semana de compras en familia

 

Un total de 40 empresas, das que a práctica totalidade proceden da provincia de Ourense, participan esta fin de semana en Expourense no 1º Escaparate do Comercio Ourensán que estará aberto no recinto feiral ata mañá domingo ás 20h. Trátase dunha cita organizada pola Federación de Comercio de Ourense, co apoio da Xunta de Galicia, que ten o obxectivo de “promocionar a calidade e variedade que ofrecen os produtos e servizos das empresas locais ao tempo que se anima aos visitantes a apoiar e confiar no comercio de proximidade”.

O conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, presidiu esta mañá a apertura desta cita acompañado pola presidenta da Federación de Comercio, Beatriz Gómez, e por distintas autoridades locais, provinciais e autonómicas. Conde destacou que a sua presencia significa o “respaldo sen reservas ó comercio de proximidade e, nomeadamente, ó da provincia de Ourense, dado que contribúe a artellar a sociedade na que está asentado”.

O público que se achegou durante a xornada de hoxe a este escaparate puido gozar do completo programa de actividades previsto e realizar as súas compras en empresas que pertencen a unha ducia de sectores entre os que destacan os expositores especializados en téxtil e calzado para toda a familia e os de obxectos relacionados co fogar como mobiliario, decoración, bricolaxe, xardinería ou electrodomésticos. Nesta cita, as familias poden equipar armario, casa e xardín con todo o necesario para a chegada do inverno. Tamén poden atoparse empresas que ofrecen produtos e servizos relacionados coa beleza e a estética (tanto feminina como masculina), a alimentación ou a saúde.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close