En portadaÚltima hora

Calurosa e animada mañá de feira en Viloira (O Barco)

 

A de agosto está considerada unha das feiras máis importantes do ano en Viloira (O Barco). Dende primeira hora deste caluroso 6 de agosto, numerosas persoas percorrían xa os case cen postos do recinto (de produtos agroalimentarios, así como roupa, calzado, etc.), que se situaban dende as proximidades da ponte de San Fernando. Non faltaban tampouco as pulpeiras nos seus lugares habituais.

Como nos meses anteriores, establecíanse, por parte da Policía Local, carrís de circulación tanto na praza de Otero Pedrayo como na rúa Elena Quiroga. En ambas colocábanse valados para que os peóns circulen sempre pola súa dereita, e que non haxa cruces entre eles e se poida manter a distancia de seguridade establecida na normativa sanitaria.

Así o percorrido continúa sendo o seguinte: a rúa Novelista Elena Quiroga ten sentido único (desde a rúa Elena Quiroga ata ao paseo de Bienvenido Miguélez), e o acceso desde a pasarela peonil sobre o Sil é tamén de sentido único, polo mesmo paseo e cara a praza Otero Pedraio.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button