Eleccións Xerais 26-XGalerías de fotosPolíticaÚltima hora

Calurosa xornada de votacións en Valdeorras

As altas temperaturas rexistradas na xornada electoral do 26 de xuño, favorecía a asistencia ás mesas xa de boa mañá. Así o aseguraban na Rúa onde en torno ao mediodía xa se rexistraba un bo porcentaxe de votos emitidos. Con todo aínda faltan unha horas para que se pechen as mesas e non será ata pasadas as oito da tarde cando comecen os escrutinios.

Nestas imaxes podemos ver momentos das votación en tres mesas da Rúa. Dúas delas ubicadas no edificio do Concello na praza José Antonio Míguez Freire e a outra preto da estrada de Almendralejo. Ademais destas, hai outra mesa en Fontei (na casa do cura), outra no adro da igrexa de Santo Estevo na Rúa Vella, e unha máis na rua Progreso.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button