En portadaÚltima hora

Calzada, un hotel-restaurante con encanto

O establecemento, ubicado en pleno corazón de Valdeorras, prepara a Semana Santa con menús especiais
Fachada principal do Hotel Restaurante Calzada en Arcos. /Foto: Carlos G. Hervella.
Fachada principal do Hotel Restaurante Calzada en Arcos. /Foto: Carlos G. Hervella.

Un ano despois da súa apertura ao público, o Hotel Restaurante Calzada ubicado en Arcos (Vilamartín de Valdeorras) segue ampliando e renovando tanto espazos como servizos, afrontando novos retos ao tempo que mantén os obxectivos cos que arrancaba en febreiro de 2015: converterse nun establecemento de referencia na comarca de Valdeorras (e máis aló), un hotel versátil no que a tradición e a innovación van da man para lograr un ambiente cálido, un espazo coidado ata o máis mínimo detalle, que se adapta ás necesidades de cada cliente.

Aparentemente todo segue igual, pero son moitas as novidades que Calzada foi introducindo pouco a pouco. A máis destacada, a ampliación da oferta de restauración coa incorporación de dous novos salóns, contando así con tres espazos para xantar pero tamén para a celebración de todo tipo de eventos. O salón máis pequeno con capacidade para 32 persoas, co que empezaron a funcionar hai un ano, resérvase para comidas especiais, de carácter máis privado “unha cata, unha presentación, ceas ou xantares de empresa…”, explica Mª del Mar Rodríguez dende a xerencia do Hotel.

Zona de espera na recepción do hotel. /Foto: Carlos G. Hervella
Zona de espera na recepción do hotel. /Foto: Carlos G. Hervella
Detalle dun armario na recepción./ Foto: Carlos G. Hervella.
Detalle dun armario na recepción./ Foto: Carlos G. Hervella.

No outro extremo da pranta baixa do edificio está o segundo restaurante, con capacidade para unhas 40 persoas, aberto a todo tipo de xantares e con menú do día ademais da carta. Neste local manteñen a idea de fusionar a comida tradicional con toques máis vangardistas polo que “no menú do día o cliente sempre se vai atopar con algún prato de culler pero tamén algún prato máis innovador, ademais ao longo do ano en función da tempada, facemos xornadas, de marisco, de caza,… potenciamos moito os produtos de Valdeorras, por exemplo os xoves durante o inverno, temos cocido”, di Mª del Mar adiantando que con respecto aos viños, teñen unha ampla representación dos caldos da Denominación de Orixe Valdeorras.

Servindo un viño na cafetería. /Foto: Carlos G. Hervella.
Servindo un viño na cafetería. /Foto: Carlos G. Hervella.

Buscando a forma de atraer posibles clientes e que os que veñen repitan, en Calzada non deixan de buscar fórmulas para compaxinar os servizos que ofrecen coas potencialidades turísticas da comarca, a neve en Manzaneda e Trevinca, As Médulas, as adegas e viñedos… E tamén en función das datas festivas, por iso de cara á Semana Santa que se celebrará no mes de marzo, dende o restaurante están traballando na elaboración de menús especiais de vixilia para os catro días centrais, do Xoves Santo (24 de marzo) ao Domingo de Pascua (27 de marzo). Pratos de tempada co bacallau como produto estrela elaborado de diferentes formas, dende o confitado tradicional ata migas ou buñuelos, pequenos toques que marquen a diferenza.

O novo comedor con capacidade para 40 persoas./ Foto: Carlos G. Hervella.
O novo comedor con capacidade para 40 persoas./ Foto: Carlos G. Hervella.

A diferenza tamén pretenden marcala coas múltiples posibilidades que ofrece o terceiro salón de Calzada con capacidade para unhas 120 persoas construído na zona alta do recinto, a carón dos bancais, cun espazo exterior axardinado ideal para a celebración de vodas civís. “Adaptamos o local ás necesidades de cada cliente, ben sexa un xantar de empresa, unha convención (con proxector e espazos diferenciados para a reunión e o almorzo…) e por suposto, cerimonias como bautizos, comuñóns e vodas, ademais a xente está demandando moito a organización da cerimonia civil no exterior”, explican dende a xerencia que segue traballando de cara ao verán.

No hotel tamén se organizan cerimonias civís.
No hotel tamén se organizan cerimonias civís.

Entre as novidades que esperan incorporar nos vindeiros meses está a renovación da terraza principal que queren aproveitar. “Queremos facer un pequeno investimento, cambiar o mobiliario e separar espazos. Faremos menús estivais máis de terraza, tipo picoteo para maridar cos viños da zona”, adianta Mª del Mar.

Unha das habitacións do hotel./Foto: Carlos G. Hervella.
Unha das habitacións do hotel./Foto: Carlos G. Hervella.
Detalle de benvida para os clientes./ Foto; Carlos G. Hervella.
Detalle de benvida para os clientes./ Foto; Carlos G. Hervella.
Baño adaptado para minusválidos nunha das habitacións. /Foto: Carlos G. Hervella.
Baño adaptado para minusválidos nunha das habitacións. /Foto: Carlos G. Hervella.

Coa apertura do terceiro salón, Calzada acondicionou asemade un amplo aparcadoiro moi preto do recinto, que complementa o que hai xunto diante do establecemento hostaleiro, que tampouco escatima detalles e servizos no apartado de cafetería e, por suposto do hotel, onde a calidez e a elegancia reciben ao cliente cunha decoración coidada na que destacan materiais como madeira e cristal nunha harmónica combinación de cores e elementos. Distribuídas en dous andares o hotel conta con 12 habitacións de tres niveis: suite, superior e estándar, individuais e dobres, todas con diferente decoración e completamente equipadas (mini bar, televisión, Wifi, camas supletorias, berces e unha con baño adaptado para minusválidos).

Panorámica das montañas dende un dos balcóns do hotel./ Foto: Carlos G. Hervella.
Panorámica das montañas dende un dos balcóns do hotel./ Foto: Carlos G. Hervella.

Para calquera consulta ou reservas pódese consultar a páxina web do establecemento: www.hotelcalzada.com

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button