EconomíaEconomía

A Cámara aprende ás emprendedoras a facer un plan de empresa

“Plan de empresa: garantía hacia el éxito” é o título da xornada que celebrará a Cámara de Comercio de Ourense o próximo 20 de decembro
Cartel do Plan empresa mulleres emprendedoras
Cartel do Plan empresa mulleres emprendedoras

A Cámara de Comercio de Ourense ofrecerá unha xornada, o próximo martes 20 de decembro, adicada a aprender ás mulleres emprendedoras como elaborar un plan de negocio para o seu futuro negocio baixo o título “Plan de empresa: garantía hacia el éxito”. Esta actividade está enmarcada nas accións deseñadas dentro do Programa de Apoio Empresarial ás Mulleres (PAEM), que durante os últimos cinco anos atendeu a máis de 800 usuarias.

A xornada arrancará informando ás asistentes sobre o funcionamento e os servizos que poden atopar no PAEM. Esta xornada é de caracter gratuíto e fará fincapé, nesta ocasión, na elaboración dun plan de empresa, para o cal abordará aspectos como a forma xurídica que mellor conveña ao proxecto, as axudas e subvencións que se poderán solicitar, o deseño do plan comercial e, por suposto, o plan financeiro do negocio.

Esta iniciativa está promovida polo Instituto da Muller da Cámara de Ourense e co apoio do Fondo Social Europeo, e o seu obxectivo principal é sensibilizar ás mullers sobre a opción do autoemprego e apoiar as iniciativas empresariais en calquera fase do proxecto, xa sexa o inicio da idea como na súa posta en marcha e consolidación.

O PANEM, ademais, ofrece microcréditos para emprendedoras, dentro dun convenio suscrito entre o ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e Microbank de La Caixa. Mediante este convenio ofrécense préstamos de ata un máximo de 25.000 euros.

Artigos relacionados

Back to top button