DeportesÚltima hora

Cambio de data no control de promoción de atletismo en pista do Barco

Esta proba, inicialmente programada para o 1 de abril, celebrarase o día 3 deste mesmo mes

 

A Federación Galega de Atletismo (FGA) vén de anunciar un cambio de datas para o Control de Promoción de Atletismo en Pista que esta previsto para o 1 de abril nas pistas de Calabagueiros (O Barco). Esta cita pasará a celebrarse finalmente na tarde do 3 de abril, se vén o horario definitivo non foi aínda publicado pola federación.

Este control, organizado polo Club Adas, ten xa as súas inscricións pechadas con atletas procedentes de Valdeorras, Trives, así como doutras partes da provincia de Ourense e mesmo de diversos puntos das provincias como Lugo ou A Coruña.

Artigos relacionados

Back to top button