CulturaCulturaÚltima hora

Cambios de datas nos espectáculos programados no Teatro Lauro Olmo do Barco

Unha desas modificacións é que o espectáculo "A cazola de Lola" de Tanxarina Títeres, previsto para o 25 de febreiro, aprázase ao 20 de maio

 

Dende a Concellería de Cultura do Barco vén de informarse de varios cambios na programación que estaba prevista nas vindeiras semanas no Teatro Lauro Olmo. A primeira desas modificacións refírese ao espectáculo “A Cazola de Lola” de Tanxarina Títeres, que estaba anunciado para o día 25 de febreiro e que, por enfermidade dun dos membros do elenco, aprázase para o día 20 de maio ás 19h.

Por outra banda, o 29 de abril, ás 21h., terá lugar a representación de “Rastros” de Roberto Vidal Bolaño, pola a compañía Condetrespés en coprodución co Centro Dramático Galego.

Ademais, o 17 de maio (Día das Letras) ás 20h. terá lugar a representación de “Tras os vieiros de Florencio” de Fantoches Baj, dentro da Rede da Dinamización da Lingua Galega.

 

Artigos relacionados

Back to top button