Eleccións municipaisEn portadaPolítica

Cambios no mapa político do oriente ourensán

O PP perde a súa maioría absoluta na Rúa, Viana do Bolo e San Xoán de Río, mentres ATI faise co goberno en Trives
Unha das urnas das eleccións do 24 de maio no oriente ourensán./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Unha das urnas das eleccións do 24 de maio no oriente ourensán./ Foto: Ángeles Rodríguez.

As eleccións do 24 de maio veñen de mudar en certa medida o panorama político municipal nalgúns dos concellos do oriente ourensán. Ademais da maioría absoluta do PSdeG-PSOE en Vilamartín, cabe destacar taména a vitoria da Agrupación Trivesa Trivesa Independente (ATI) que logra sete edís, fronte aos tres do PP e un de SON de Trives e o triunfo socialista en San Xoán de Río, ata agora gobernado polo PP que nestes comicios só conseguía tres edís fronte aos catro do PSdeG-PSOE. Por contra, na Rúa os populares perden a maioría absoluta que tiñan ata agora.

No resto da comarca valdeorresa o mapa segue igual. Así na Veiga o PP logra maioría absoluta, o mesmo que en Carballeda de Valdeorras, O Bolo, Larouco ou Rubiá. Mentres Petín e O Barco seguen sendo concellos onde gobernará o PSdeG-PSOE.

Outro dos cambios producíase en Viana do Bolo, onde o PP vén de perder tamén a súa maioría absoluta, ao pasar dos sete concelleiros do 2011 a cinco, os mesmos que o BNG, mentres que os socialistas manteñen o edil da pasada lexislatura.

No caso de Manzaneda, David Rodríguez vén de revalidar o apoio popular, desta volta baixo as siglas de SON de Manzaneda, ao lograr a súa lista cinco concelleiros. O PP saca un e outro o PSdeG-PSOE outro. En Chandrexa continúa a maioría absoluta do PP. O mesmo sucede en Vilariño de Conso, onde os populares obteñen catro edís, sendo os sete restantes para a lista independente de AIVIC.

Artigos relacionados

Back to top button