OurenseÚltima hora

Camila Loureiro, Docente Exemplar Ourensá 2014

O nomeamento terá lugar mañá 25 de outubro no Teatro Principal de Ourense
Presentación da elexida Docente Exemplar 2014.
Presentación da elexida Docente Exemplar 2014.

Coincidindo coas vésperas do Día de las Letras Galegas, o Sindicato Profesional de Docentes ANPE Ourense elixía a Camila Loureiro Blanco, Catedrática de Bacharelato, como “Docente Exemplar Ourensá 2014”, cuxo recoñecemento terá lugar nun acto que se celebrará mañá sábado 25 de outubro.

O acto central terá lugar de 12 a 13:30h. no Teatro Principal de Ourense. coa asistencia de autoridades, inspectores, directivos de centros e unha cincuentena de homenaxeados, profesores ourensáns xubilados este curso pasado, de tódolos niveis dende Educación Infantil ata a Universidade, algúnss con máis de 50 anos na educación pública.

Trala inauguración da “Lección Maxistral” pronunciada por Fernando del Pozo Andrés, presidente da Permanente do Consello Escolar de Galicia, terá lugar a entrega, por parte das autoridades da Presidencia, a cada un dos profesores dunha escultura orixinal en bronce: “Homenaxe ao Docente”. Fundida expresamente e en exclusiva para a ocasión e firmada polo escultor Arturo Andrade.

O prato forte será o nomeamento de Camila Loureiro Blanco, Catedrática de Matemáticas con último destino en el IES “Blanco Amor” da Capital como Docente Exemplar.

O acto clausurarase cun concerto a cargo dos profesores do Conservatorio Profesional de Música de Ourense, en concreto, das xefaturas dos departamentos de Vento e Madeira.

Artigos relacionados

Back to top button