En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Camiñando entre viñedos ata o Barranco Rubio (A Rúa)

Unha ruta de sendeirismo pechaba as actividades das VIII Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras

Cun fermoso percorrido entre viñas e bosques, na mañá do domingo 16 de xuño finalizaba o conxunto de actividades incluídas no programa das VIII Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras. Era unha ruta de sendeirismo que partía da praza do Concello da Rúa e que finalizaba, tras un traxecto duns 9 km (de dificultade media), no miradoiro do Barranco Rubio.

A actividade remataba cun xantar na Casa Rural Pacio do Sil de Vilela, onde se degustaban viños das adegas participantes nas xornadas (A Coroa, Alán de Val, O Cepado, Godeval, Joaquín Rebolledo, O Casal, Quinta da Peza e Roandi) e diversos petiscos propios da comarca de Valdeorras.

Fotos cedidas pola organización.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close