ConcellosÚltima hora

Camiñata nocturna e teatralizada aos Sequeiros de Trives

É a segunda deste tipo que se celebra neste verán e está prevista para o 19 de agosto
Cartaz deste segundo sendeiro nocturno en Trives.
Cartaz deste segundo sendeiro nocturno en Trives.

Sendeirismo máis natureza, historia e teatro. E todo baixo a luz da lúa en Trives. Con grande éxito estase a desenvolver a actividade “Sendeiros Nocturnos”, que está a organiza o Concello trivés no marco do seu verán cultural. A primeira destas marchas, que se dirixía á Ponte Cabalar, tiña lugar a finais de xullo. Agora chega unha nova cita, para a que xa están as prazas completas, e que está prevista para o 19 de agosto. Desta volta discurrirá polos Sequeiros.

“Os sendeiristas desfrutarán dunha pequena camiñata circular duns 3 quilómetros, nos que varias escenas se sucederán en todo o percorrido mentres a noite vai caendo. Tamén haberá algunha sorpresa ademáis da animación nos camiños”, tal e como adiantan dende a Oficina de Turismo de Trives.

A saída da ruta está programada para as 21h. e será dende a Pena Folenche. Alí un guía acompañará ao grupo durante todo o paseo. Dende a organización recoméndase levar roupa e calzado cómodo, e por suposto que cada participante leve lanterna ou frontal.

Artigos relacionados

Back to top button