ConcellosÚltima hora

O Camiño de Inverno centra a exposición de Lolo Zapico, en Portela (Vilamartín de Valdeorras)

A mostra poderá visitarse na Casa Gayoso dende mañá 3 de marzo ata o 3 de maio
Unha das esculturas da exposición.

“Espantallos e paisaxes do camiño” e o título da exposición do artista berciano Lolo Zapico, centrada no rural e a súa relación co Camiño de Inverno. Despois de estar aberta no Castelo de Cornatel e no Museo da Enerxía de Ponferrada, a mostra chega mañá a Vilamartín de Valdeorras, da man do Concello e da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago.

A exposición inaugurarase mañá, sábado 3 de marzo ás 13 horas na Casa Gayoso de Portela, onde permanecerá ata o 3 de maio. Os horarios nos que poderá visitarse indicaranse cada semana na porta da casa grande.

Artigos relacionados

Back to top button