ConcellosCulturaCulturaÚltima hora

#camiños, proposta escénica sobre a memoria e a perda do rural, no Barco

O novo espectáculo de ButacaZero poderá verse no escenario do Teatro Lauro Olmo o 26 de abril ás 21h.

Despois da boa acollida de “Voaxa e Carmín”, a compañía ButacaZero volta ao Teatro Lauro Olmo do Barco cun novo espectáculo: #camiños. Trátase dunha proposta coproducida polo CDG e que fala da identidade galega dende a perspectiva do século XXI. Representarase este 26 de abril ás 21h.

“A peza aborda o tema identidade galega dende unha perspectiva millenial, mesturando o teatro físico co bufón, as coreografías co teatro textual, o playback coa pasarela de moda nun aluvión escénico que pretende non deixar a ninguén indiferente”, segundo se informa dende a Concellería de Cultura do Barco.

Dentro da obra o público poderá desfrutar en directo das Churrascas, que precisamente fan parte da escenificación. O videoclip do seu primeiro Hit: “Adios Ríos Adiós Fontes”, que versiona con música electrónica o famoso poema de Rosalía e non deixa de subir en número de visitas.

Neste espectáculo “moi físico” Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira volven xuntarse. Nel a propia Carrodeguas está tamén en escena, acompañada de Noelia Blanco, Celina Fernández Ponte, Pía Nicoletti e Noa Covelo.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close