OurenseÚltima hora

Camiseta solidaria do Club Voleibol Ourense en favor da AECC

O club e a asociación presentan unha iniciativa para celebrar o Día Mundial Contra o Cancro o 4 de febreiro
Catro xogadoras do CV Ourense coas diferentes camisetas.

O Club Voleibol Ourense únese ás entidades colaboradoras coa AECC facendo unha edición especial da súa camiseta de paseo e quecemento, co obxectivo de recaudar fondos para os programas que están levando a cabo en Ourense.

A camiseta, coa que vestirán as rapazas do Hemisferios o vindeiro domingo 4 de febreiro (Día Mundial contra o Cancro) no partido fronte ao Voleibol Recuerdo de Madrid, será de cor verde e levará impresos os logos do club e da AECC. Todo aquel que queira colaborar coa causa, poderá mercar unha, o sábado pola mañá na carpa do club que estará instalada na rúa do Paseo, e tamén o mesmo día do partido no pavillón de O Pompeo.

Tal como explican dende o CV Ourense, “coa venda de cada camiseta (que custará 20 euros) entregaranse 10 euros á AECC para axudar a financiar as súas campañas anuais en beneficio dos pacientes oncolóxicos e dos seus familiares”.

Artigos relacionados

Back to top button