ConcellosParada de SilÚltima hora

Campamento para alumnado de primaria no concello de Parada de Sil

 

Durante os meses de xullo e agosto o Concello de Parada de Sil ofertará un campamento de 9h. a 14h. para alumnado de primaria censado no municipio ou ben fillos de persoas que teñan traballo neste concello.

As actividades, que daban comezo hoxe, fanse en colaboración coa Asociación ValoReSC Innovation mediante un proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social e Fondos Europeos con obxectivo de dinamizar as zonas rurais en exclusión severa. “ValoReSC innovation aporta os monitores/as en base a un convenio asinado fai tempo e que temen desenvolve no Concello a actividade conectados para persoas maiores no manexo de ferramentas dixitais (tablets, móbilies…)”, tal e como indica o Concello de Parada de Sil.

Figuran once persoas inscritas que poderán disfrutar de actividades variadas, como xogos colectivos, deporte, xadrez, inglés e outras como algunha saída a praia fluvial ou rutas de sendeirismo para esa idade. Tamén participarán unha ruta guiada interpretativa por “Castiñeiiros e carriozas” e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Parada de Sil explicaralles o funcionamento da mesma, dos vehículos de auxilio e da motobomba. Así mesmo o Concello manterá aberto o centro de atención a nenos ata seis anos, no que agora mesmo hai seis usuarios.

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, amosa a súa satisfacción porque esta actividade, xunto co funcionamento do centro de nenos, está no camiño trazado polo Concello de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar e co obxectivo de acadar unha escola de infantil.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button