Ourense

I Campamento Tecnolóxico para rapaces no Centro La Molinera

Case un centear de nenos participan nas actividades até o 29 de xullo
O alcalde asistiu á presentación do campamento.
O alcalde asistiu á presentación do campamento.

O Centro La Molinera acolle até o vindeiro día 29 a primeira edición do Campamento Tecnolóxico ICC Kids, destinado a nenos con idades comprendidas entre os oito e os 15 anos. En total, son 90 os que gozarán desta iniciativa, organizada conxuntamente entre Concello e Deputación de Ourense.

As actividades xirarán arredor da tecnoloxía robótica, onde os cativos aprenderán a crear robots, deseñar e imprimir en 3D ou desenvolver os seus propios videoxogos.

“Desde que puxemos en marcha La Molinera, a nosa idea foi que fose coñecida por todos”, aseguraba o alcalde, Jesús Vázquez, durante a presentación do evento.

Artigos relacionados

Back to top button