CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Campamento urbano “in english” do 24 ao 28 de xuño no colexio Pablo VI-Fátima da Rúa

O programa intensivo de inglés inclúe xogos, manualidades e obradoiros de cociña
Exterior do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

Como unha actividade de aprendizaxe deseñada para achegar o inglés aos participantes, dun xeito “natural, práctico e real”, se presenta o campamento urbano “in english” que se desenvolverá no colexio Pablo VI-Fátima da Rúa do 24 ao 28 de xuño, unha vez rematado o curso escolar.

Serán cantro intensos días dun programa educativo que vai máis alá de cubrir fichas en inglés. “Buscamos que os nenos e nenas, a través de diversas actividades lúdicas, aprendan vocabulario, frases e aspectos da cultura de países de fala inglesa”, explican dende a organización.  Actividades como xogos e deportes pouco practicados en España; manualidades; e tamén cociña, coa preparación de comida típica inglesa (cookies, brownies,…) que os alumnos poderán levar para casa facendo así partícipe da experiencia a toda a familia.

Artigos relacionados

Back to top button