ConcellosÚltima hora

Campamentos xuvenís na Estación de Montaña de Manzaneda

O delegado territorial da Xunta en Ourense, de visita nestas instalacións
Un dos momentos da visita do delegado da Xunta ao campamento na Estación de Manzaneda.
Un dos momentos da visita do delegado da Xunta ao campamento na Estación de Manzaneda.

Un cento de rapaces participan na derradeira das catro quendas de campamentos que se teñen levado ao longo deste verán na Estación de Montaña de Manzaneda. Durante a súa estadía, os participantes (con idades comprendidas entre os 11 e os 14 anos) participan en actividades de carácter deportivo e de relación coa natureza, así como na piscina e de sendeirismo.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitaba na mañá do 19 de agosto este complexo. Ademais de Manzaneda, os concellos de Coles, Esgos, Muíños e a capital, tamén acolleron campamentos xuvenís organizados pola Xunta dentro da campaña deste ano, que contou cunha oferta total de 640 prazas, fronte as 535 do 2013.

A Consellería de Traballo e Benestar complementa a oferta de ocio e educación non formal en Ourense con 5 campos de traballo, cun total de 105 prazas para mozos e mozas de entre 9 e 30 anos. Estas actividades foron programadas nos concellos de A Peroxa, Riós, Muíños, Vilar de Barrio e Celanova.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close