OurenseÚltima hora

Campaña de Nadal do CCA Couto Centro

A asociación prepara un programa de actividades para dinamizar o barrio ourensán
Presentación da campaña de Nadal do CCA Couto Centro.
Presentación da campaña de Nadal do CCA Couto Centro.

Coma tódolos anos por estas datas, o CCA Couto Centro vén de presentar campaña de Nadal co fin de dinamizar o barrio mediante actividades de marketing e animación polo barrio ourensán

Co obxectivo de achegar esta mensaxe aos cidadáns, e especialmente aos veciños do barrio, a “nosa estratexia baséase precisamente en investir unha gran parte do orzamento creando actividades atractivas, ás que se pode acceder mercando nos comercios asociados mediante un sistema de colaboración entre comercios e as diferentes entidades que conforman a rede comercial do barrio” explican dende o CCA. Deste xeito “devolvemos á cidadanía unha parte da súa inversión, repercutindo na vida do barrio, e supoñendo unha maior visibilidade dentro da nosa cidade” engaden.

Con esta idea a nosa campaña reúne distintos instrumentos de marketing para axeitar as nosas actuacións aos diferentes tipos de públicos existentes ofrecendo unha ampla gama de posibilidades e servizos complementarios, que se estenderá dende a primeira semana de decembro ata o 7 de xaneiro de 2015.

A inauguración terá lugar o venres 5 ás 18h. na Rúa Ervedelo coa actuación da Coral Ceibe, e a partires de aí sucederanse as actividades: concurso de escaparates, concurso de pinchos, representación teatral do Belén vivinte, festas e obradoiros infantís…

Tamén haberá accións relacionadas coa imaxe como a instalación e alumeado de Nadal ou o reparto de árbores e moqueta entre os asociados.

Artigos relacionados

Back to top button