En portadaÚltima hora

Campaña de primavera do CCA O Barco

O “desfile en ruta” do Xornal O Sil será mañá, 23 de abril, ás 13h.
O desfile do Xornal O Sil será o 23 de abril ás 13h. /Foto: Carlos G. Hervella.
O desfile do Xornal O Sil será o 23 de abril ás 13h. /Foto: Carlos G. Hervella.

Mañá arranca a campaña de primavera do Centro Comercial Aberto O Barco “Actualiza o teu estilo”, unha novidosa proposta dirixida a tódolos públicos e sectores que se desenvolverá do 23 ao 25 de abril.

Durante os tres días permanecerá instalado na praza do Concello do Barco, un stand no que a personal shopper Rosina Landó realizará asesoramento personalizado a todo aquel que o desexe, con visitas guiadas polas tendas asociadas e obradoiros (de estilo, trucos de moda e fondo de armario o xoves día 23 ás 18:30; e de estilo, protocolo en vodas e especial tendencias primavera/verán 2015 o día 24 tamén ás 18:30h.).

Ademais tanto o xoves coma o venres, en horario de mañá e tarde, os establecementos participantes na campaña sacarán os seus produtos á rúa mediante microdesfiles denominados “desfiles en ruta” que se celebrarán na porta de cada local. O primeiro será en Deportes Sport (11h.), seguido de Miranda X (11:30h.), Palpié (12h.), Miranda M (12:30h.) e Xornal O Sil (13h.). Pola tarde, os desfiles comezarán en Joyería Víctor (17h.) e seguirán en Librería Murciego (17:30h.), Boutique Suá (18h.), O Colmado Ecolóxico e Artesán (18:30h.) e Estética Rocío Carracedo (19h.).

Ao día seguinte venres 24 de abril, os desfiles comezarán en Esprit (11h.), seguindo en Garoba (11:30h.), Can-Can (12h.), Perfumería Ana de la Puente (12:30h.), Pizpireta (13h.), Mhussk by Trio’s (17h.), Pilardos (17:30h.), Ferretería Moncho (18h.) e Confecciones Elena (18:30h.)

A campaña inclúe o sorteo cada día dun look completo entre as persoas que merquen nos establecementos asociados do CCA O Barco e depositen o ticket de compra na urna situada no stand da Praza do Concello.

Artigos relacionados

Back to top button
Close