Concellos

Campaña de reciclaxe no Barco: “se separas, aforras”

O Concello do Barco reparte dípticos e pegatinas coas instruccións para a recollida selectiva do lixo

reciclaxe barco

No iglú verde: botellas, tarros e botes de vidro; no contedor amarelo: envases de plástico, latas e briks; no contedor azul: papel e envases de cartón; e no contedor xenérico: fracción resto. Estas son as normas básicas de reciclaxe na que o Concello do Barco segue facendo fincapé, para que toda a poboación se mentalice de que se “reciclas aforras”, o eslogan da campaña na que leva tempo traballando.

Un paso máis dábano a finais de febreiro. Na céntrica praza do Concello e durante dúas horas o propio alcalde Alfredo García, convidou aos viandantes a colaborar na campaña. Para explicar como facelo, algo que moita xente aínda descoñece, fixo unha demostración in situ, amosando as botellas e envases depositados incorrectamente no contedor verde, destinado basicamente a residuos orgánicos.

Para lograr a colaboración veciñal e reducir os quilos de lixo que o Concello remite á planta de Sogama, ese mesmo día comezaba a distribución dunha carta con toda a información necesaria sobre a utilización dos catro contedores: iglú, verde, amarelo e azul. Esta iniciativa tamén inclúe a distribución, casa por casa, de dípticos e pegatinas coas instrucións para a recollida selectiva do lixo.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button