PolíticaÚltima hora

Campaña de recollida de xoguetes promovida por Novas Xeracións de Ourense e pola AECC

Convidarán a participar nela ás xogueterías, negocios, empresas e entidades da cidade das Burgas, así como a particulares

“Ilusiona cun xoguete” será o lema da campaña de recollida de xoguetes que porá en marcha Novas Xeracións de Ourense cidade xunto coa Asociación Española contra o Cancro (AECC). O material reunido será destinado ás familias e nenos.

A iniciativa centrarase na recollida de “xoguetes novos, debido a cuestións sanitarias e de seguridade, seguindo os requisitos que para este tipo de campañas establece a AECC”, segundo explican dende Novas Xeracións.

Tanto Novas Xeracións como a AECC convidarán a participar nesta campaña ás xogueterías, negocios, empresas e entidades de Ourense, así como a cantas persoas a título particular desexen doar xoguetes, que serán recollidos na sede Provincial do PP de Ourense e na sede da AECC de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button