Achégase o tempo do Entroido, pero desta volta a situación sanitaria impedirá celebrar esta tradición neste 2021 tal e como se viña facendo. Co fin de sensibilizar e de concienciar á veciñanza da importancia de cumprir coas medidas sanitarias fronte ao Covid-19, especialmente nestas datas, o Fulión Alternativo de Viana do Bolo vén de lanzar unha campaña a través das redes sociais, co lema “que este sexa un Entroido seguro está nas nosas mans”.
Imaxes: Fulión Alternativo de Viana do Bolo.