EconomíaEconomíaÚltima hora

Campaña “Día do Pai” do CCA O Barco

Un profesional fará caricaturas na praza do Concello o xoves 19 de marzo pola tarde
Cartaz da campaña do día do pai do CCA O Barco.
Cartaz da campaña do día do pai do CCA O Barco.

Co obxectivo de incentivar as compras no mes de marzo, dende o Centro Comercial Aberto O Barco, decidían preparar unha sinxela pero contundente campaña para celebrar o “Día do Pai”, 19 de marzo. Ese día, xoves pola tarde, instalarase na praza do Concello do Barco de Valdeorras, a carpa do CCA con música ambiental, na que entre as 16 e as 20:30h. se contará coa presenza dun caricaturista que fará retratos a carbón.

Para participar e conseguir unha caricatura orixinal, unicamente será necesario presentar un ticket de compra cun importe igual ou superior a 20 euros dos establecementos asociados, datados entre o 9 e o 19 de marzo.

Baixo o lema “Papá ti es o máis grande”, a idea coa que xurde esta campaña é que os fillos agasallen aos seus proxenitores cunha caricatura, unha bonita e orixinal forma de amosarlles o seu cariño, e ao mesmo tempo, promover as compras nos comercios barquenses.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button
Close