EconomíaEconomíaÚltima hora

Campaña do Día do Pai do Carballiño CCA

O Centro Comercial Aberto programa actividades para os días 17, 18 e 19 de marzo

cartel dia do pai

Malia non ser festivo na maiorías das comunidades autónomas, o sábado 19 de marzo celébrase en toda España o Día do Pai. Unha data na que, dalgún xeito, se homenaxea a figura paterna.

Para lembrar esa data, dende a asociación Carballiño-Centro Comercial Aberto teñen programada unha serie de actividades de animación de rúa, especialmente dirixidas aos máis pequenos da vila, que se estenderán ao longo de tres días días. O xoves 17 de marzo, entre as 17:30 e as 20:30h. “dous personaxes moi altos percorrerán as rúas agasallando diversión e fermosas figuras de globos”, explican dende a asociación, completando a xornada, un obradoiro para realizar unha tarxeta de felicitación para papá, na Explanada da Veracruz entre as 18 e as 20h.

Os xigantes percorrerán de novo as rúas do Carballiño o venres 18 de marzo (de 12 a 14 e de 18 a 20h.). Ese día pola tarde “preparamos unhas tolas probas de habilidade na praza Maior para que participen todos os pais que acudan cos seus fillos e fillas. Viviremos momentos moi divertidos e irrepetibles”, aseguran dende o CCA. A cita, de 18 a 20h.

E xa o sábado 19 de marzo, en horario de mañá e tarde, os dous personaxes felicitarán a todos os pais, entregando asemade bonitas figuras de globo. O acto central terá lugar na praza Emilia Pardo Bazán de 18 a 20h. cun obradoiro para que os cativos realicen un bonito agasallo para o seu pai.

Artigos relacionados

Back to top button