OurenseÚltima hora

Campaña informativa sobre o Covid-19 entre os escolares da cidade de Ourense

No programa de saúde e protección escolar, promovido polo Concello, participarán 611 alumnos de Educación Primaria e 1 º e 2º de ESO

Colexio Miraflores onde arrancará mañá a campaña informativa.

 

O Concello de Ourense pon en marcha a campaña informativa “Saúde e Protección Escolar Covid-19”. Trátase dunha iniciativa da Concellería de Educación dirixida a promocionar a saúde e resolver as dúbidas do alumnado de Educación Primaria e 1 º e 2º da ESO sobre a pandemia e o correcto uso das medidas de prevención e hixiene establecidas no protocolo escolar Covid 19. As charlas comezarán mañá, luns 23 de novembro, no colexio Miraflores, e no programa participarán 611 alumnos da cidade.

Esta proposta nace tras detectar que os currículos os dous primeiros cursos do ESO están exentos de contidos relacionados coa saúde e o sistema inmune, e que no sistema curricular galego non se aborda até o 6º curso de Primaria. Tendo en conta estes factores e que o protocolo escolar Covid 19 de Galicia lles confire aos centros educativos a posibilidade de deseñar de maneira transversal e voluntaria programas de educación neste tema, a información sobre as infeccións e as medidas de prevención e hixiene fronte a estas novas circunstancias depende da vontade do profesorado ou de cada centro.

Programa Basket & English

Mañá ás 16:30 horas no colexio Divina Pastora, comezará tamén a actividade Basket and English, dentro do programa Educación en Valores da Concellería de Educación. Dirixido aos escolares de Educación Primaria, oriéntase na adquisición de coñecementos, estratexias e habilidades para promover o deporte e a aprendizaxe dunha lingua.

Entre os obxectivos desta actividade están os de mellorar a súa saúde, conscientes do incremento do índice de obesidade infantil, e o de desenvolver actitudes de respecto cara aos demais a través da comunicación en inglés: os participantes aprenderán a xestionar as formas de relacionarse cun maior repertorio de ferramentas para facerlle fronte aos retos da vida diaria. Nesta actividade participarán 146 alumnos.

Artigos relacionados

Back to top button