OurenseÚltima hora

Campaña solidaria de recollida de alimentos nas sedes das xefaturas territoriais da Xunta en Ourense

Esta iniciativa súmase á que vén organizando desde 2016 o Servizo de Emerxencias, da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia en coordinación coas agrupacións de voluntarios de Protección Civil (AVPC) da provincia

 

Entrega do recollido na campaña ao banco de alimentos de Ourense.

A Delegación Territorial da Xunta de Galicia desenvolveu unha campaña de recollida de alimentos en todas as sedes das Xefaturas Territoriais de Ourense co obxectivo de colaborar coas familias máis necesitadas e encher as súas despensas polo Nadal. Esta iniciativa comezou o pasado día 3 e prolongouse ata hoxe, 20 de decembro.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada de xefes territoriais de varias consellerías achegáronse este mediodía ata o almacén que o Banco de Alimentos ten na cidade para facerlle entrega ao presidente do Banco de Alimentos de Ourense, Cecilio Santalices, dos alimentos non perecedeiros recollidos durante a campaña. Aceite, legumes, pastas, leite, e doces típicos do Nadal son algúns dos alimentos que os empregados públicos doaron para esta campaña.

Esta iniciativa sumouse á que leva organizando desde 2016 o Servizo de Emerxencias, da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en coordinación coas agrupacións de voluntarios de Protección Civil (AVPC) da provincia. Varios representantes destas agrupacións ourensáns, entre os que había algúns de Manzaneda, O Bolo e A Gudiña; acudían tamén a este acto e entrega de alimentos.

 

Outro dos momentos da entrega de alimentos.

 

Artigos relacionados

Back to top button