DeportesÚltima hora

Campionato de petanca da Santa Rita, o 18 de maio no Barco

Comezará a partires das 16h. nas pistas barquenses do Chao e será unha competición por tripletas
Membros de Petanca Valdeorras./ Foto cedida.

A Asociación Petanca Valdeorras organizará na tarde deste 18 de maio a partires das 16h. nas pistas de petanca do Chao un campionato deste deporte, no marco das Festas da Santa Rita no Barco. “Esta é a primeira vez que organizamos un campionato na Santa Rita, pero xa celebramos un con motivo das festas do Chao e outro nas do Cristo”, explican dende esta entidade deportiva.

Nesta competición esperan contar con xogadores de Ponferrada, Vilafranca e Fabero, da veciña comarca do Bierzo, así como do club de Vilamartín. E, por suposto, non faltará unha ampla representación de Petanca Valdeorras.  

A competición farase por tripletas, é dicir, dous equipos de tres xogadores. No seu decurso iranse eliminando tripletas e as tres mellores recibirán un premio, tal e como se adianta dende a organización.

Artigos relacionados

Back to top button