DeportesÚltima hora

Campionato de tiro ao prato, esta fin de semana na Veiga

O sábado e o domingo pola mañá serán os adestramentos, e o domingo pola tarde a tirada
Cartel de tiro ao prato na Veiga.

O tiro ao prato únese á oferta deportiva deste verán na Veiga. Coa colaboración das armerías Alfer e Reclamo, e do Concello, esta fin de semana celebrarase unha tirada na que se repartirán máis de 25 premios (xamóns, medallas, cascos, lotes de embutidos e viño, chalecos, pienso,…) para os tres primeiros clasificados da tirada, dos adestramentos e tamén para os locais.

O sábado 29 de xuño de 11:30 a 14 e de 15:30 a 21:30, e o domingo 30 de xuño de 11 a 14 horas terán lugar os adestramentos; e o domingo de 15:30 a 21:30 horas, a tirada.

Tal como avanzan dende a organización, haberá desempate no primeiro posto, “o resto será por orde de inscrición” e o prezo para participar será: tirada, 20€ +reenganche, 10€; adestramentos, 10€; e locais, 10€.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close