OurenseÚltima hora

Campionato galego absoluto de atletismo en pista, en Ourense

Máis de 540 atletas daranse cita o 18 de xullo nas pistas do complexo deportivo de Monterrei
Presentación do campionato galego de atletismo absoluto en pista.
Presentación do campionato galego de atletismo absoluto en pista.

As pistas “Josefina Salgado” do complexo deportivo de Monterrei (Pereiro de Aguiar) acollerán o vindeiro sábado 18 de xullo, o campionato de Galicia absoluto de atletismo en pista. Un evento deportivo organizado pola Deputación de Ourense e a Federación Galega de Atletismo (FGA), que reunirá a máis de 540 atletas que competirán nas modalidades de velocidade, lanzamento e salto.

A proba era presentada na mañá do 16 de xullo na sala de xuntas do Pazo provincial, contando coa presenza de Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense; Mario Guede, xefe do Servizo Provincial de Deportes; Ángel Fidalgo, secretario Técnico da FGA en Ourense; Virxilio Rodríguez, vicerreitor do Campus de Ourense; Manuel Blanco, delegado da FGA en Ourense, e Bernardino González, asesor de Deportes da Deputación de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button