DeportesÚltima hora

Campionato galego de kungfu moderno, en Ourense

150 competidores participarán na proba que se celebrará no pavillón dos Remedios, o sábado 9 de maio
O campionato galego de kungfu desenvolverase na cancha central do pavillón dos remedios.
O campionato galego de kungfu desenvolverase na cancha central do pavillón dos remedios.

Mañá sábado 9 de maio, a partires das nove e media da mañá, o pavillón dos Remedios de Ourense acollerá o campionato galego de kungfu moderno 2015, para varias categorías (dende pre-infantil ata veteranos) no que participarán uns 150 competidores, entre eles varios campións de España 2014.

Tal como explican dende a organización, a xornada de mañá, de 9:30 a 13:30h. incluirá formas individuais, exhibición do equipo de competición do Club Artai, exhibición das escolas de kungfu de Ourense, exhibición de taichi e entrega de trofeos.

A sesión de tarde, de 16:30 a 19:30h. será de combates con 15 de qingda (contacto controlado), 2 de sanda neoprofesional e 2 de sanda (contacto pleno).

Na presentación do campionato, que tiña lugar na mañá do mércores 6 de maio nos Remedios, estiveron presentes Alfonso Vilachá e Hugo Blanco en representación do Concello de Ourense; Bernardino González en representación da Deputación de Ourense; e Mario Guede, como representante da Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button