DeportesÚltima hora

Campionatos de España de remo de longa distancia e seleccións autonómicas, os días 8 e 9 de febreiro en Castrelo de Miño

Participarán deportistas de Galicia, Andalucía, Aragón, Cantabria, Cataluña, Comunidade Valenciana, Navarra, Pais Vasco e Asturias

Publicidade
Remo en Castrelo de Miño.

 

O Parque Náutico de Castrelo de Miño acollerá, os días 8 e 9 de febreiro os campionatos de remo de Longa Distancia e de Seleccións Autonómicas.

“Trátase duns campionatos ao máis alto nivel no panorama nacional, e isto reforza á nosa provincia como un escenario ideal para o desenvolvemento destas probas deportivas, tanto polas magníficas infraestruturas coas que contamos como pola calidade natural da lámina de auga no embalse de Castrelo de Miño, unha das mellores do mundo”, dixo o presidente da Deputación Manuel Baltar, na reunión mantida na mañá deste sábado 1 de febreiro, coa presidenta da Federación española de Remo, Asunción Loriente e o seu homólogo galego, José Manuel Seijas.

 

Reunion do presidente da Deputación presidenta da Federación Española de Remo e o seu homónimo galego.

 

O campionato de España de longa distancia será a primeira das competicións que se disputará o sábado 8 de febreiro a partir das 9 horas. Trátase dunha proba contrarreloxo en liña sobre unha distancia de 5.500 metros, e onde os deportistas que aspiran a formar parte dos equipos nacionais deben participar para avaliar o seu rendemento actual sobre esa distancia. Competirán as categorías absoluta, xuvenil e cadete, masculina e feminina. Na pasada edición participaron 315 embarcacións e 407 deportistas.

Con respecto ao campionato de España de seleccións autonómicas, desenvolverase o mesmo día 8, a partir das 16 horas, e na mañá do domingo 9 de febreiro, entre as 9 e as 13 horas, coa disputa das semifinais e finais. Este campionato realizarase sobre unha distancia de 1.000 metros, nas mesmas categorías que o anterior. Na edición de 2019 participaron 111 embarcacións e 600 deportistas de 9 federacións, unha cifra que será semellante nesta edición, coa participación de deportistas de Galicia, Andalucía, Aragón, Cantabria, Cataluña, Comunidade Valenciana, Navarra, Pais Vasco e Asturias.

Artigos relacionados

Back to top button