DeportesÚltima hora

O campo do Velle, en Ourense, acollerá esta fin de semana o VI Memorial “Manolo Carrera”

O sábado 30 de setembro será a quenda dos benxamíns e o domingo, 1 de outubro, saltarán ao campo os prebenxamíns
Presentación do campionato no Salón de Plenos.

O Campo de Fútbol de Velle, en Ourense, acollerá o torneo IV Memorial “Manolo Carrera” este sábado, 30 de setembro, en categoría de benxamín, e o domingo, 1 de outubro, para os prebenxamins. Este torneo está organizado polo Club Deportivo Velle.

Os benxamíns estarán divididos en catro grupos con catro equipos cada un, disputándose un “sistema liguilla” e onde se clasificarán para a fase final os dous primeiros de cada grupo. Os clasificados en terceiro e cuarto lugar da táboa pasarán a disputar a fase de consolidación. Todos os partidos terán unha duración de 20 minutos de reloxo corrido, agás a final polo título que constará de dúas partes de 15 minutos cada unha, cun descanso de 5 minutos.

En canto aos prebenxamíns, estarán formados tamén por catro grupos de catro equipos cada un, disputándose tamén no sistema de “liguilla” co mesmo sistema de clasificación dos benxamíns.

Na presentación de hoxe, 27 de setembro, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez apuntou que “gozaremos todos dun espectáculo de alto nivel, no campo de fútbol de Monte da Aira, en Velle”. O rexedor municipal informou que haberá “equipos das categorías base dos tres equipos a máximas categorías do fútbol español, como o Celta de Vigo, Real Club Deportivo da Coruña ou do país veciño, no caso do Sporting de Braga”.

En canto a Manolo Carrera, Vázquez asegurou que con este memorial “facemos un recoñecemento a un home que adicou a súa vida a traballar polo deporte de base, ese que ten o máis sobranceiro dos fins, que non é o de gañar copas, senón o de sementar valores nos nosos cativos”.

Artigos relacionados

Back to top button