DeportesÚltima hora

Campus fútbol-deportivo este mes de agosto en Vilamartín

Será, previsiblemente, do 17 ao 23 de agosto no complexo "O Bañadoiro"

A localidade de Vilamartín de Valdeorras acollerá este mes de agosto un campus fútbol-deportivo para nenos de entre 5 a 16 anos. A actividade será, previsiblemente, do 17 ao 23 de agosto no complexo “O Bañadoiro”. Os inscritos desfrutarán de deportes como tenis, pádel, voley, fútbol sala, basket, fut-voley, kayaks, piscina e senderismo, entre outros. O horario será de 9:30h a 13:15h e de 17:30h a 19:30h con posibilidade de pernoctar con comida e mediodía.

O prezo será de 135 euros en horario completo cunha noite en albergue, actividades, piscina, equipación e mascarilla sanitaria. Para o réxime completo con comida e mediodía o prezo será de 180 euros. Os irmáns e censados no Concello de Vilamartín terán un desconto.

 

Cartel do campus. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button