CulturaCulturaÚltima hora

Cancelada “ata novo aviso” a programación teatral no Teatro Lauro Olmo do Barco

Cartel coa programación inicialmente prevista no Teatro Lauro Olmo do Barco e que vén de suspenderse polo de agora./ Foto: A.R.

 

Logo do Nadal, estaba previsto que o venres 15 de xaneiro se retomase a programación teatral no Barco. A primeira das representacións previstas era “A lingua das bolboretas” da compañía ourensá Sarabela.

Sen embargo, o Concello do Barco decidía neste xoves 14 de xaneiro suspender as funcións “ata novo aviso”, tal e como se daba a coñecer a través das redes sociais do propio Teatro Lauro Olmo. Ademais tamén se sinalaba que os “espectáculos afectados”, un total de oito, “serán adiados a unha nova data”.

Artigos relacionados

Back to top button