ConcellosÚltima horaXinzo de Limia

Cancelado o Entroido 2021 de Xinzo

Falta unha semana para o inicio do ciclo festivo co Domingo Fareleiro

Pantallas no Entroido de XInzo de Limia. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Xa en outubro de 2020 a Comisión do Entroido de Xinzo tomaba a decisión de renunciar á organización de actividades masivas para este ano, nomeadamente concertos, charangas e desfiles. Agora, mediado o mes de xaneiro de 2021 e a unha semana do inicio do Ciclo Tradicional do Entroido co Domingo Fareleiro, dende a Concellaría de Cultura anuncian oficialmente a “cancelación da festa”.

“Desgrazadamente, as peores previsións están a cumprirse e as actuais circunstancias, en plena terceira vaga do Covid, o número de contaxios disparado no concello, na comarca e no país, obrígannos a todas e todos, por responsabilidade, a poñer a seguridade e a saúde por diante de calquera outra cuestión”, aseguran, engadindo que promoverán “alternativas testemuñais para lembrar estas datas e manter acesa a chama do espírito entroideiro, agardando poder recuperar a celebración tradicional da nosa Festa Internacional para o vindeiro ano”.

Artigos relacionados

Back to top button