DeportesÚltima hora

Cancélase a XXI Volta a Valdeorras prevista para o 14 de xuño

Malia estar xa abertas as inscricións, o CC Valdeorras decidía finalmente cancelar a proba que celebrará esta edición no ano 2021

Participantes na anterior edición da Volta a Valdeorras. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tíñano todo organizado e non había nada que o prohibira así que hai unhas semanas o Club Ciclista Valdeorras abría as inscricións da XXI edición da Volta a Valdeorras, prevista para o 14 de xuño, que prometía ser especial. Pero finalmente, dada a situación que se vive por mor da pandemia de coronvirus, decidían cancelala.

“A día de hoxe, ninguén nos pode asegurar que na data prevista para a proba, a situación sanitaria permita a celebración da mesma, aínda que tamén é certo que tampouco nos asrguran o contrario”, din dende o club, asegurando que tras valorar a gravidade da situación tomaban a decisión de cancelala. “Consideramos que o máis prudente nas presentes circunstancias, máis que un cambio de data, sería realizar a presente edición no ano 2021”.

Con respecto aos ciclistas que xa tiñan previsto participar na proba “abonaráselle o importe íntegro da inscrición”, esperando poder realizar o Desafío 3000 da Volta a Valdeorras, no vindeiro ano.

 

Artigos relacionados

Back to top button