ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Cancélase o “Barrio de Belén” en Viana pola situación sanitaria

Publicidade

 

Dende o Concello de Viana do Bolo vén de anunciarse a cancelación do “Barrio do Belén”, o belén vivinte previsto a partir das 16h. desta tarde no Cabo da Vila, dada a situación sanitaria do municipio. “Ante o preocupante incremento de casos de Covid entre a veciñanza en xeral e entre as persoas participantes no Barrio de Belén en particular, tomouse a decisión de cancelar esta actividade”, anunciaba o Concello de Viana a través das redes sociais.

Ademais indicábase que o Concello “apostamos ata última hora por celebrar este evento, pero a prudencia , ante esta situación descontrolada de contaxios, fai necesario a súa cancelación”.

Artigos relacionados

Back to top button