ConcellosÚltima hora

Cancións, poesías, teatro e perfomance polo Día da Muller en Terra de Trives

Os actos, promovidos por Anaral en colaboración con outras entidades e centros educativos, celebraranse o día 12 de marzo en Trives
Cartaz dos actos que se celebrarán en Trives con motivo do Día da Muller.
Cartaz dos actos que se celebrarán en Trives con motivo do Día da Muller.

“O Día da Muller (entendendo que tódolos días son 8 de marzo) é unha data de celebración polos logros acadados na loita pola igualdade das mulleres, tanto a nivel social como económico, político, etc. Tamén se trata dun día de reivindicación, no que se lembra o conseguido e os retos inda pendentes”. Así o entenden dende a Federación de Mulleres Anaral, que está a preparar un variado programa de actos para conmemorar esta data en colaboración coas asociacións Anel, Arandeira e Algueirada e tamén coa participación de centros educativos da comarca de Terra de Trives (os CEIP de Trives e de Manzaneda e o IES trivés).

Estes actos terán como escenario o auditorio Julio Vázquez da vila trivesa a partires das catro e media da tarde do sábado 12 de marzo. O pograma incluirá, entre outras propostas: “cancións, obras de teatro, contos, poesías (incluíndo a lectura dunha poesía inédita de Asunción Arias) e coreografías, para rematar cun flashmob no que participarán tódalas persoas participantes nos actos, facendo partícipe a todo o auditorio”, tal e como adiantan dende Anaral.

Artigos relacionados

Back to top button